Estás en BLOG

As ANCAS do CEIP Zalaeta da Coruña toman a rúa e celebran o seu paso de peóns

Con motivo da IV Semana Mundial das Nacións Unidas pola Seguridade Viaria, o alumnado do CEIP Zalaeta da Coruña tomou a rúa diante do seu centro escolar para esixir un camiño e unha contorna escolares seguros.

     Os rapaces e rapazas do colexio, co apoio da Policía Local da cidade, debuxaron na calzada un paso de peóns simbólico, as sinais de Zona 30 km/h así como slogan que convidan a reducir a velocidade nas contornas escolares (tal e como aconsella o lema desta semana das Nacións Unidas: #SlowDown “Reducir a velocidade, salva vidas”).

     Con nós estivo presente Daniel Díaz Grandío, concelleiro de Mobilidade Sostible do Concello da Coruña, quen ao rematar o acto anunciou que nese mesmo intre comezaría as obras para a construción do paso de peóns.

     O alumnado, a dirección do centro, o profesorado e demais participantes na actividade deixaron paso aos operarios municipais para sinalizar o espazo e converter nunha realidade as reivindicacións do centro.

Parabéns A.N.C.A.S.!! 

 

COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como
votar por este contenido
Añadir un comentario al contenido
Título del comentario
E-mail
Tu web
Texto del comentario
0 Caracteres escritosQuedan 2000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
    • Síguenos en las redes:
    Desenvolve iLatina