Ayúdanos

IV CONCURSO INICIATIVAS UNIVERSITARIAS. 2009

    ENHORABUENA A LOS PREMIADOS.

    Ámbito do concurso: Poderán participar todos os  estudantes residentes en Galicia, que cursen estudos en calquera das tres universidades galegas, ou na UNED. Obxectivos: Sensibilizar e  previr  o colectivo universitario sobre  a problemática que supón  a mobilidade. Realizar proxectos, que partindo do seu coñecemento e análise , poidan achegar posibles solucións que servan e axuden a diminuir os  accidentes de circulación. Diseñar e elaborar actividades ou recursos para implementar a Educación Vial  e mellorar os comportamentos cívico-viais.

    Acta da sesión de cualificación dos traballos presentados ao IV Concurso de Iniciativas Universitarias “Por unha mobilidade segura” e selección dos premiados
    Reunidos, na Secretaría Xeral de Universidades, o día 2 de decembro de 2009, ás 11:00 horas:
       - D. José Manuel Pan López, periodista de La Voz de Galicia
       - Dona Jeanne Picard Mahaut, vicepresidenta de Stop Accidentes
       - D. Pedro Pastor del Castillo, jefe provincial de Tráfico de A Coruña
       - D. José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de universidades da Consellería de Educación
       - Dona Mª del Carmen Cabeza Pereiro, vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo, que preside

    Unha vez revisados os traballos que optan aos premios, toman os seguintes acordos:

    1.  Valorar positivamente o proxecto Game over na medida en que, a través do deseño dunha páxina web, constitúe un proxecto orixinal e viable, realizado cunha metodoloxía axeitada aos fins que pretende. Este traballo é proposto para o primeiro premio e o beneficiario é D. Alberto Cebral Loureda, alumno de proxecto de fin de carreita da titulación de Arquitectura, na Universidade da Coruña.

     

    2.  O traballo “Datos de Siniestralidad, Propaganda Comercial, Formación y Luces Navideñas” aporta algunhas ideas interesantes, aplicables en iniciativas tendentes a mellorar algúns aspectos que rodean a seguridade vial, concédeselle o terceiro premio. É beneficiario D. Javier Álvarez Dopico, alumno da titulación de Enxeñería Técnica Industrial, na Universidade da Coruña.

     

    Os membros do xurado debaten varias ideas para promocionar os premios  así como iniciativas posibles para conseguir unha maior formación no eido da seguridade vial.

    Levántase a sesión ás 12:30.

    Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2009

    Entrega de premios en Imagenes:

     

         

     

    • Síguenos en las redes:
    COLABORADORES:

    • STOP ACCIDENTES

      Es una Asociación SIN ÁNIMO DE LUCRO de ámbito nacional con CIF G62484480 e inscrita en el Registro de Asociaciones del Ministerio del Interior con fecha 22/11/2000 y Nº Nacional 167202 de la Sección 1ª.

      Declarada de UTILIDAD PÚBLICA en el BOE nº40 del jueves 15 de Febrero del 2007.

      C/ Paseo de la Reina Cristina, 11 - 1ºD · 28014 Madrid Tlf/Fax: +34 91 416 55 65

      Evaluación socios

      Transparencia

      Pol. de privacidad | Pol. de cookies | Aviso Legal
    Desarrolla iLatina