Usuario - - Acceso de Usuarios
Jueves - 02.Septiembre.2010

Inicio
Quienes somos
Nuestra Misión
Delegaciones
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico Secretaría Técnica Nacional
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico en Aragón Aragón
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico en Andalucía Andalucía
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico en Canarias Canarias
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico en Cantabria Cantabria
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico en Castilla y León Castilla y León
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico en Cataluña Catalunya
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico en el País Vasco Euskadi
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico en Galicia Galicia
Inscripción Galicia Actividades
OTRAS Otras
Entidades Colaboradoras 24515 Entidades Colaboradoras
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico en La Rioja La Rioja
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico en Madrid Madrid
Asociación de víctimas de accidentes de tráfico en Valencia Valencia
Actividades
Atención On Line
Reivindicaciones
Testimonios
Noticias
Internacional
Videos. Reportajes
Foro de debate
Publicaciones
Documentación
Asóciate
Sugerencias
Entidades colaboradoras
Novedades
Acceso Foro
Imagen 120
Cochecivico
Imagen carta
Estás en: Delegaciones > Galicia > Otras

MORTES NA ESTRADA, TODOS RESPONSABEIS

ver las estadisticas del contenido recomendar  contenido a un amigo

O LABIRINTO DO ALQUIMISTA
Mortes na estrada: todos responsabeis. (publicado no diario La Opinion de A Coruña 31-5-2009)
FELIPE SENÉN.
 Cada luns arrepiase un ó ler as noticias do que acontece nas noites do fin de semana. Non gosta mirar cara aquí, cara ó que nos pode acontecer e acontece por variados motivos. Cruenta realidade que nos define no mundo e se ceba na forza bruta, na inexperiencia e imprudencia da xente moza, no porvir. Ante esa cabezuda ignorancia dificilmente podemos poñerlle remedio. Como partida compre asumir que contradictoriamente ó que se predica dende o seudoprogresismo, educamos i exemplarizamos no consumo e no individualismo. Que parte do éxito exprésase na posesión e manexo dunha lata mecánica, un vehículo que nos "independiza"... e os máis desinformados, os máis inexpertos, obnubilados pola apaixoamento da súa idade, entón os máis vulnerables, serán a xente nova. Vehículos para voar, agarimados, enxaezados ou tuneaos con todas as bisuterias. Animados de xeito primitivo, como se mesmamente se tratase dun ser vivo, ós que se lle outorgan mimos e garaxe propio para transladarnos, atravesar viaductos, túneles. Veloz e dísposto ás piruetas que mande o instinto e as ansias de reafirmarse proprias da mocidade. Vehículos que serían para servir e endexamáis para escravizarnos.. Cumpríuse o desexo mozo, individualizarse, mercar un coche, regalo dos pais, dos avós, usar o vello da casa, a inversión do primeiro soldo.

Despois de contundentes sesións de alcohol multiplícase e desbócanse a forza e a inexperiencia moza, o que se fai dándolle ó pe contra o acelerador da máquina. Algarabía entre a que se esquece todo, as teimudas prédicas como esta, os que acompañan, os que están na casa, que ese artiluxo se sigue pagar a prazos e que non pensa...Todo depende de nós e tamén debería de de depender da xenerosa axuda e valentía dos demáis, dos que saiban e teñan a decisión de advertinos e coutarnos o camiño da irracionalidade. Pero pesan máis e deixamonos arrastrar polas propagandas e as influencias mediáticas que tanto maleducan. E a potenza das máquinas, a inconscenza, as curvas... rematan sendo memoria efémera nunha cruz cuberta de frores de plástico na cuneta dunha estrada. Repetimos e incluso normalizamos e convivimos resignadamente co drama.
Pouco importa, angueira que ós que non lle toca dura uns días, igual que a propaganda concenzadora, que nada importa nun conxunto no que se reiteran o exemplo e as mensaxes que promocionan as cilindaradas, os cabalos, a velocidade, a imprudenza, incluso ofertada como creativa modernidade. Cavilares que somellan non
entrar cada mañán en moitos despachos, para furar nas concenza dos que adquiriron responsabilidades de
goberno, pero tamén en cantos formamos a sociedade. Todos somos responsabeis.
Pese á persistente música de fondo dos diferentes partidos que concurren a unha e a outra elección e ocupan
nosas vidas, enterámonos e resíntese a sociedade do que pasa nas noites de cada fin de semana no asfalto das
estradas de moitas vilas, aldeas, arrabaldos ou encrucilladas das nosas cidades. Compre a man amiga, sensata, un anxo bo que nos intres antes advirta da irracionaldade, do que pode acontecer: horas desesperadas, de bombeiros, ambulanzas e pánico interminable que transtoca vidas. Querendo, todo pode mellorarse: a educación e as cautelas son sabios síntomas de madurez e socialización. Pola contra impera a violencia vial, as cilindradas e os cabalos innecesarios, os frenazos e os golpes que poden transportarnos ó Transmundo nun tris... silenzo absoluto, a meditazón trócase na mellor oración por nós, pese a seguir nunha procesión de feridas incurables.
Os ollos e a atenzón dos nenos sofacama, que asiña serán adolescentes, reparan nas sacralizadas ofertas do
engaiolante mundo mediático, os que máis inciden na educación (ou maleducación). Mensaxes coas que non
poden os carpetovetónicos "rollos paternalistas" dos que sobreviven na xinkana da vida. Os mozos verterán as
súas aspiracións e forza en voar, para logo caer nas redes do consumo, da propaganda, fracasados héroes do
asfalto. E por suposto esa educación debera partir dunha escola que regue dentro do testo, das realidades dun
contexto dunha problemática tan nosa e persoal. Sabendo entender ó alumno como unha persoa intransferible.
Eduazón e control solidario, por parte de todos, dos medios, dos familiares,da escola, dos amigos, das
autoridades, das institucións, do asociacionismo... pois todos nos movemos e nos relacionamos. É unha cuestión de educar para saber moverse e convivir. Debe tentarse con urxencia un xiro cultural sobre a seguridade vial, ensinar a moverse e a administrar a gran regalia da vida e da convivenza.
Galiza acada os récords en accidentes de tráfico por xente moza. Ante esa crecente alarma nace no ano 2000
Stop accidentes, voluntariado exemplar, sensible a un problema que vive en carne propia a realidade

. Colectivo formado por xente que fende cos protocolos das palabras e as burocracias para axudar e previr. A cuestión é facer causa común eporlle o alto a este cruel xeito de esterminio de xente moza. Analícense as estadísticas por idades, profesións, procedencia, días, horas, lugar... causas do accidente. Para adentrarse, coñecer e atallar este andacio que mata máis que ningunha outra enfermidade. O mérito está en ser modélicos polo contrario, pola convivenza. Eis o verdadeiro benestar. Stop accidentes non é un colectivo máis nesta sociedade de ritos, móvese pola autenticidade e a forza do sentimento, atenta ó triste acontecer, supón axuda e atención ós que sofren os accidentes de tráfico. E insiste sobre todo en educar a través dos medios, das mensaxes implicitas en determinadas propagandas. Colectivo disposto a asesorar psicoloxicamente ante o bloqueo do drama, afrontarse i encauzar od duros trámites xurícos ós que un se ve sometido Advírtese e vóltase a advirtir dun drama que medra e xera moitísimos outros problemas que alteran á sociedade e máis ó futuro. Unha misión que debe estenderse a todos cantos amamos e compartimos a vida, sabendo que compren normativas para saber conducirse.

08/06/2009 ir arriba

BUSCADOR AVANZADO
AREA RESTRINGIDA
e-mail :
Contraseña :

Mapa web
Contacto
Novedades

Contacto
C/ Consejo de ciento 474 bis entreplanta .B
08013 BARCELONA
Tlf: 902 108 983 / 932 454048 Fax: 93 2700362

v01.92:0.07
GestionMax